Ledicia Costas e “Aquelarre”: unha colaboración que hoxe se completa coa sinatura de libros

A autora de “Pel de cordeiro” estará esta tarde na tenda esotérica pontevedresa

A.L.

A última novela da escritora viguesa Ledicia Costas, “Pel de cordeiro” (Edicións Xerais), contou cunha promoción moi especial. Xa que aborda a temática tan galega como é a das meigas e o sobrenatural, non podía faltar no paquete de presentación un talismán da boa sorte e contra os malos espíritos e a envexa. A encargada de facelo foi a pontevedresa María Diz, propietaria da tenda esotérica “Aquelarre”. Ela elaborou os atadiños máxicos de ponlas de ruda que acompañaron á promoción da novela e nos que los que non faltaron a figa e os sete nos.

Para completar este círculo especial de colaboración entre a autora e esta “meiga” do século XXI, hoxe terá lugar unha firma de exemplares de “Pel de cordeiro” na tenda, na rúa Loureiro Crespo, número 54. A entrada é de balde e a sinatura comezará a partir das sete da tarde.