Volve o Galegote Rock na súa versión máis internacional
O 27 de abril concentraranse todos os concertos do festival polo centro da cidade na mesma xornada
Volta o festival de música en galego Galegote Rock, e faino nos bares, onde "comeza a música, alí nas barras", como ben sinalou o produtor Marcos Rivas na presentación que tivo lugar no Concello esta mañá. O evento celebrarase o vindeiro 27 de abril, sábado, e durará todo o día, da mañá a noite.
O edil de Cultura, Demetrio Gómez, explicou que o feito de que se celebre nun só día permitirá aproveitar máis todas estas bandas, na súa maioría novas. Amais, o cartaz deste ano presenta unha novidade: actuarán dous grupos do país veciño, Duques precarizados e máis Érika Machado, esta última afincada en Portugal mais nada no Brasil. Así, La Hormiga, La Verbena, O Diaño e moitos outros locais serán o escenario de diversas actuacións que van dende o reguetón do mariñense Lacón sin jrelos ata unha homenaxe especial a Dany Moure en Tábula Rasa ou a actuación (unha das últimas) de Ataque Escampe en La Hormiga.
Temas
Más en Pontevedra
-
Mejorar la Atención Primaria, entre los “enormes retos” que debe afrontar Sanidade en Pontevedra
-
“La luz al final del túnel” en Barcelos
-
Portos de Galicia solo admite una alternativa de carácter técnico para el dragado del Lérez
-
La Audiencia anula una sentencia que absolvió a tres menores de agresión sexual a una amiga