Que facer hoxe en Culturgal

Espazo Arte

Presentacións das Exposicións do Museo Centro Gaiás. Danse a coñecer as mostras “Barreiro. O silencio que chove luz na xanela”, “Hábitáts. Natureza Estendida” e “Cidades no tempo”.

Ás 12 horas.

Espazo Infantil

Quero cantar. Actuación dos grupos gañadores deste ano do premio organizado pola Deputación da Coruña, un dos patrocinadores do Culturgal: Ritmo dos soños e Temos Terras.

Ás 13 horas.

Espazo Cine

Avances do cinema que vén. A Asociación Galega de Produtoras Independentes comparte os avances de seis obras que se estrearán o próximo ano, acompañados de coloquios con directores, produtores e actores.

Äs 16 horas.

Espazo Letras

Bernardo Atxaga. O escritor visita a feira na presentación da tradución ao galego de Exteriores do Paraíso. Estará acompañado polo xornalista cultural Ramón Rozas.

Ás 19 horas.

Espazo Escénicas

Avisos. Historias para escoitar a noite. Presentación do podcast de Paula Carballeira coa “emisión en directo” do primeiro episodio.

Ás 20.13 horas.

Auditorio

Concerto de Leilía. Recital de xirra de despedida “Anque me voun non me vou”. Entradas á venda en cultur.gal a 16 euros e a 19 na billeteira.

Ás 21 horas.

Edicións Positivas, caseta 61

Caixa de música. Ramón Area presenta esta obra nun encontro coa xornalista Chus Gómez.

Ás 18.30 horas.

Espazo Arte

Recital de Marga Tojo e Samuel L. París. Os autores recibiron propostas de títulos para poemas, escollerán e escribirán esos versos a dús mans e recitarano no Culturgal. Os que suxeriron títulos e asistan poderán levar o manuscrito para a casa.

Ás 20 horas.

Caseta da Xunta de Galicia

OrquestraMalabar#3. Pista Catro Produtora de Soños. Performance da compañía Pistacatro na que se suceden tres rutinas en pequeno formato.

Ás 12.30, 13.30, 17.30 e 18.30 horas.