Moraña pon en marcha premios por mercar no comercio local

O Concello de Moraña pon en marcha un plan de promoción do comercio local co gallo da época de Nadal que conta con 600 euros en premios e que ten a colaboración da Deputación no marco da campaña “O galego no comercio local”. Esta iniciativa prolongarase ata o día 20 do presente mes coa entrega de papeletas aos clientes das 60 tendas participantes e entrar no sorteo de 12 vales de compra, cun importe de 50 euros cada un, para reinvestir no comercio.