Vilaboa da luz verde ao ente supramunicipal para xestionar a auga do río Lérez

O Concello poderá pedir un caudal de mil litros por segundo

REDACCIÓN

O pleno de Vilaboa dou luz verde ao inicio dos trámites para a constitución do ente supramunicipal que se encargará da xestión do sistema de abastecemento de auga, cumprindo o acordado na reunión convocada pola Xunta o pasado mes de xullo. Este ente será o concesionario e titular das infraestruturas de abastecemento a Pontevedra e á súa ría e que permitirá a Vilaboa solicitar un caudal de 1.000 litros por segundo a captar no río Lérez e no rego de Rons dende o encoro do Pontillón do Castro.

O goberno local de Vilaboa considera clave este primeiro paso xa que supón o inicio da solución ao grave problema que ten o municipio de abastecemento de auga.