Reunión cunha representación de empresarios e autónomos pontevedreses

REDACCIÓN

O candidato do BNG á Alcaldía de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, participou onte nun encontro cunha amplia representación de empresarios e autónomos locais co fin de transmitirlles algunhas cuestións relativas ao futuro e o presente da cidade.

A xuntanza contou coa presenza de máis de 70 empresarios e empregadores pertencentes a un diverso e amplo abanico de sectores. “Supoño que xa coñecedes que propoñemos ampliar terreos industriais, incentivar a innovación e a creatividade, darlle un impulso ao turismo, e outras medidas de apoio á actividade económica, como tamén sabedes que fomos o concello que máis recursos dedicou ás empresas e autónomos polo COVID e que sempre que se pode, e incluso cando non se pode, contratamos con empresas de Pontevedra”, transmitiulles.