A finais do ano 2020 o Concello de Vilaboa aprobou un Plan de Acción polo Clima. Adquiría naquel momento o compromiso de facer un seguimento das medidas implementadas cada dous anos. Por elo, o goberno local contratará agora a elaboración do informe de seguimento que identifique o grao de cumplimento do devandito Plan de Acción polo Clima ao carecer a plantilla municipal de técnicos cualificados para realizar esta tarefa.

O goberno local centrouse desde aquel momento en adoptar medidas que apostasen claramente polo aforro enerxético, promovendo a sustitución das luminarias máis deterioradas por outras led de baixo consumo. A parroquia de Bértola é a pioneira na execución desta medida. “Imos no bo camiño pero ainda queda moito por facer”, apunta César Poza.

O documento aprobado en 2020 desgrana en cerca dun centenar de páxinas a realidade social, económica, educativa e turística do municipio de Vilaboa e audita os seus consumos enerxéticos en diferentes planos para marcar finalmente as accións a acometer para reducir os consumos.

O Plan de Acción polo Clima de Vilaboa recolle como un obxetivo a reduccion do 40% das emisións de GEI no ano 2030. Para logralo, o primeiro paso é o cambio de modelo na xestión dos residuos, a eficiencia enerxética e no ciclo hidrolóxico.