O Concello confía en que a Festa do Viño de Vilaboa sume máis expositores despois da edición do pasado fin de semana, que evidenciou a calidade dos caldos adscritos á IXP Ribeiras do Morrazo como dos viticultores locais.

A Festa contou con dúas catas, una da IXP Ribeiras do Morrazo, que otorgou dous ouros para Adega Ardán de Marín e para Adega dos Areeiros de Vilaboa; e dous bronces, un para o albariño Quereres do Hío, da adega Videiras do Mar de Cangas e outra para o godello Cen Polas, da adega Reboraina, en Redondela. Nos tintos, a cata da IXP Ribeiras do Morrazo otorgou dous ouros aos viños Porta do Conde (caíño) da adega Ardán e a Adega Areeiros (mencía, caíño e sousón); mentras que o bronce foi para Viñas del Monasterio, un viño elaborado no mosteiro de Poio. As mencións da cata dos viticultores foron en blancos para Manuel Conde Conde e para Manuel Collazo, e nos tintos para Jesús Amoedo. Os premios e mencións foron entregados no recinto da Festa, en Riomaior, polo alcalde de Vilaboa, César Poza, e o pregoeiro da mesma, Terio Carrera.