O programa Ponteverán uniu onte o graffiti e a natureza nunha actividade que contou coa presenza dunha ducia de rapaces entre 12 e 16 anos, e que partiu da colaboración e proposta da asociación Vaipolorío, na procura da mellora de certas estruturas situadas ao carón do río Gafos. Ografiteiro pontevedrés O’Ras fixo de mestre e guía pola parroquia de Tomeza, seguindo o Camiño Portugués, para dar cor e vida a dous elementos que deslucían a zona.