A concelleira de Igualdade, Silvia Díaz, impulsou a colocación un banco coas cores da bandeira do orgullo LGBTI+, que se empraza no paseo de Lourido, nas proximidades da praia. A través desta iniciativa o que se busca é “contribuír a dar visibilidade nos espazos públicos ao colectivo e ao compromiso da Corporación municipal a prol dos dereitos e a non discriminación”, apunta.