Marín volverá acoller en xuño o Campionato de España de Clubes de Baloncesto Infantil Masculino

O Concello e a Federación Galega de Baloncesto firmaron onte o convenio de colaboración para que Marín sexa sede do XLII Campionato de España de Clubes de categoría Infantil Masculino, correspondente á tempada 2021/2022. O evento celebrarase do 5 ao 11 de xuño. Será a sétimo ano que Marín acolla esta cita na que se agarda a presenza de clubes como o Madrid ou o Barcelona.