Escritora, xornalista, tradutora, editora, catedrática, conferenciante… O traballo de Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851-Madrid, 1921), figura clave na literatura española, e precursora do feminismo, pechou onte o ciclo de coloquios organizados por FARO en colaboración coa Deputación de Pontevedra. “Emilia Pardo Bazán, figura literaria” foi a tercera das citas nas que se debullou o legado da autora, despois de que no Grove se abordara nunha primeira charla o seu papel fundamental na promoción turística da provincia e en Vigo, o seu pensamento feminista, que levou á practica na súa vida diaria e nos seus escritos de denuncia.

O coloquio de Pontevedra, que tivo lugar no Pazo Provincial, foi introducido pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e contou coa participación do escritor e exdirector de FARO Ceferino de Blas, autor de “Emilia Pardo Bazán en el país de las rías”, da filóloga e autora Carme Hermida e da conservadora da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, Xulia Santiso, que foi quen moderou a mesa.

Santiso centrou as súas palabras na biografía de Pardo Bazán e na permeabilidade entre as fronteiras da vida e as da produción literaria, mentres que Hermida abordou a faceta da escritora como crítica da literatura do Rexurdimento.

“Foi traballadora, ambiciosa, emprendedora, emancipada, independente, indómita, pioneira, temperamental, experta, lúcida, vehemente, inconforme, intelixente, curiosa e polemicista onde as houbera”, presentou Santiso sobre a “multifacética” escritora galega.

Cultivou todos os estilos literarios, dende o pos-romanticismo ata o simbolismo, pasando polo naturalismo, o espiritualismo, o noventaeoitismo e o modernismo, cada un deles amosando unha adaptación intelixente”, dixo.

Así mesmo, salientou a súa produción: 36 novelas, 21 novelas curtas, 20 conferencias, 18 ensaios, oitos libros de vaixe, se obras de teatro, catro biografías e 1.500 artigos de prensa, así comoa 700 contos e un poemario. “Emilia é unha intelectual, non se lle poder dar só unha cor cando ten tantas máis”, resumíu.

“Emilia Pardo Bazán foi un personaxe excepcional, o máis relevante de Galicia durante catro décadas e a escritora más coñecida de España do seu tempo”, definíu, pola súa Banda, Ceferino de Blas á autora de “La Tribuna”.

Segue moi viva. A Súa figura revitalizouse co seu centenario. O que sorprende é que en Galicia non se estean a celebrar ao longo deste ano moitos máis actos que lembren a súa figura e que a aproveiten en benedificio de Galicia”, sinalou.

No seu repaso pola obra de Pardo Bazán, lembrou que a súa primeira novela foi publicada por capítulos nun xornal pontevedrés, “El Progreso”, algo que achacou a que de nena adoitaba veranear en Sanxenxo, ondeos seus pais tiñan o pazo de Miraflores. “Alí converteuse en ávida lectora e empezou a incoularse literatura. Alí empapouse, aos nove anos, da Biblia, El Quijote e La Ilíada, entre outros libros”.

De Blas tamén aludíu ás referencias á cidade de Pontevedra na literatura de escritora: “En La Prueba alude ás festas da Peregrina e describe o enfrentamento dos dous caciques que se disputan a cidade, antes e despois da festividade”.

En todo caso, fixo especial fincapé nas colaboracións da autora de “Los pazos de Ulloa” en Faro de Vigo. “O primeiro traballo nun xornal que permanece vivo e perdura no tempo é en Faro de Vigo e é na súa vertende menos coñecida de poetisa”, aclarou.

Ese traballo formaría parte dunha primeira etapa produtiva en Galicia, mentres que a segunda, xa avanzados os anos 80 do século XIX, se daría en xornais e revistas nacionais e internacionais, como La Nación de Bos Aires.

“Pero a súa produción más antiga e continuada é en Faro de Vigo, onde practica varios xéneros literarios: poesías, contos, novelas curtas e artigos. Comeza en xuño de 1876 e é a primeira aportación de Emila que existe nun xornal vivo”, afirmou Ceferino de Blas. Na opinión do xornalista, “o máis chamativo das colaboracións de Pardo Bazán no Faro sexan dúas novelitas que publica no ano 1884, de contido amoros, tituladas Primer Amor e Amante e cochero”.

Tamén fixo especial referencia ao artigo “Cirios”, sobre a procesión do Cristo da Victoria no ano 1915: “É un traballo magnífico que demostra o dominio da linguaxe, da sensibilidade e saber captar a atención dos lectores”.

“Calquera obra de Emilio Pardo Bazán é un luxo literario, un agasallo. Pero se non teñen para unha lectura amplia que lean algún dos escritos breves. Sairán reconfortados coa aventura”, concluíu.

Público asistente ao acto en homenaxe a Emilia Pardo Bazón. | // GUSTAVO SANTOS

Carmela Silva: “Un cachiño desta provincia a reclama con orgullo de pertenza a este lugar”

A presidenta da Deputación lembrou que, por procedencia, Emilia Pardo Bazán “é da Coruña”, pero reivindicou que “un cachiño desta provincia de Pontevedra a reclama con orgullo de pertenza a este lugar”. Neste punto loubou o libro do xornalista Ceferino de Blas “Emilia Pardo Bazán en el país de las rías” , no que a escritora fala da súa fonda relación con determinadas localidades de Pontevedra.

Ademais, Silva definiuna como unha “influencer” da época polas grandes relacións nacionais e internacionais que tiña. A presidenta do goberno provincial adicou especiais palabras á vertente feminista de Pardo Bazán: “Foi unha das grandes feministas, cun feminismo racional, rigoroso e de denuncia tanto nos seus artigos, como declaracións e obras. Sempre reclamando os dereitos das mulleres”.

Lembrou tamén que co coloquio de onte remata un ciclo sobre “unha das mellores escritoras de Galicia, do Estado e de Europa; unha escritora universal”. “Era unha muller enormemente culta que demostrou unha enorme calidade para describir escenas e a persoeiros e nos deixou un legado que temos a honra de reclamar”, subliñou. “Era unha muller moi intelixente que rompeu barreiras e que se enfrontou a unha sociedade e nos deixou o camiño cheo de relatos, discursos e modernidade”, rematou Carmela Silva.

“Unha muller do seu tempo e con carácter”

Carme Hermida, “unha muller cunha traxectoria que a converte nunha referencia”, segundo a presentou Carmela Silva, fixo un percorrido pola relación de Emilia Pardo Bazán co Rexurdimento galego, un movemento do que foi contemporánea, pero do que non foi partícipe. “Medrou á par do Rexurdimento, pero non formou parte do movemento galego principalmente porque non dominaba a lingua; coñecíaa, pero non se sentía segura, aínda que nas súas obras aparecen moitas palabras soltas en galego”, explicou a filóloga, escritora e política.

Segundo foi narrando, Pardo Bazán consideraba que os diferentes rexurdimentos que naceron en España ían debilitar a literatura e a lingua española. “Era partidaria de ‘Un Estado, unha lingua’. Tamén tiña medo a que isto desembocase nun movemento político que puxera en perigo a unidade de España”, apuntou Hermida. Deste xeito, recalcou que para ela os movementos literarios eran “dignos de admiración, pero con medo a que se converteran en rexionalismos e derivaran en independentismos”.

Carme Hermida comentou que Pardo Bazán estivo siempre “moi atenta aos movementos culturais e sociais da súa época e gustáballe participar coa súa opinión”. Neste sentido, destacou que era “unha muller do seu tempo e con carácter para expresar a súa opinión en público, algo que poucas mulleres tiñan capacidade para facer e aínda menos coa liberdade coa que o facía ela”.

En 1888 publica “De mi tierra”, unha recopilación de conferencias e artigos de crítica literaria, ao final dunha década clave para o Rexurdimento, na que se publicaron “Follas Novas” de Rosalía de Castro, “Aires da miña terra” de Curros Enríquez e “Saudades gallegas” de Valentín Lamas Carvajal, “as tres coroas da época”.

Pardo Bazán non fala de Rosalía, fala de Lamas Carvajal, que para ela era o poeta agrario ideal, que cantaba as queixas con ton triste pero sen amargura nen rebelión”, sinalou Hermida, que engadíu que lle gustaba que a súa obra non tiña ideoloxía política nin reivindicativa, “consideraba que era bo poeta cando pintaba historias costumistas, pero non cando facía pensar ás súas personaxes”.

Da mesma forma, “gústalle o Curros costumista, pero parécelle terrible o progresista e socialista e sinalaba que dicía en verso o que non se atrevía a proclamar en prosa”.

En canto a Rosalía de Castro, Pardo Bazán foi convidada a presidir unha velada do Círculo de Artesanos de A Coruña en homenaxe á poeta de Padrón. No seu discurso, “que se pode considerar dividido en tres partes, comeza falando da poesía rexional galega, despois analiza o movemento da época, comparándoo co catalán, e remata adicándolle un espazo pequeno a Rosalía”, explica Carme Hermida. Coincidindo coas súas tendencias con outros autores, para Pardo Bazán “Cantares gallegos” é “o mellor que Rosalía escribíu e o máis sincero da poesía galega, o libro que mellor capta a fisonomía tradicional de Galicia”. Neste senso, citou unhas verbas da coruñesa: “cando Rosalía fala por conta propia, como sucede en moitos dos “poemitas” de “Follas Novas”, falando do seu propio sentir, é un poeta digno de estimar”. Así, “gústalle a Rosalía costumista”.

Por outra banda, a Eduardo Pondal “o considera unha silueta a parte dos poetas de Galicia e tamén que é o máis instruído”, pero Hermida tamén sinala que “foi condescendente coa súa misoxinia, desculpa os seus versos porque reflexan paixón amorosa e para ela ten sentido que represente relacións violentas entre home e muller”.