“Fai o galego viral no comercio local”, a campaña de Cuntis en prol da lingua

Redacción

O alcalde de Cuntis e a concelleira de Cultura fixeron entrega onte no Centro Patelas dunha caixa con agasallos para os 18 nenos e nenas nados ao longo de 2020 e no que vai de 2021 na Vila Termal. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Concello, con fondos da Deputación de Pontevedra, baixo o nome de “Fai o galego viral no comercio local”, que busca potenciar o uso da lingua galega na infancia ao tempo que promociona o comercio de proximidade e que supón un detalle para as familias con novas crianzas.

As caixas agasallo conteñen diverso material con inscricións en galego. Concretamente levan unha manta “soñando en Galego”, unha toalla “Chapuzando en Galego”, un babeiro “Larpeiriñ@”, un Bodi “soñando en Galego”, un suxeita chupete “quen non chora, non mama”, un medidor “medrando en galego”, un álbum “o meu primeiro ano”, un libro de nanas, un libro “Arturo e Clementina” sobre a igualdade, unha lámina de “recordo de nacemento”, un adhesivo para coche “meniñ@ a bordo”, un folleto “tendas para meniñ@s en Cuntis”, un paquete de toalliñas ecolóxicas e 10 pañais ecolóxicos.