Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pedro Rielo: "Pontevedra é unha presenza máis na novela, que é unha road movie cara os mundos de Galicia"

O pontevedrés presenta hoxe Detrás dos perdidos, unha obra que retrata o paso á adultez coa Boa Vila dos 80 como telón de fondo

Pedro Rielo: "Pontevedra é unha presenza máis na novela, que é unha road movie cara os mundos de Galicia"

Pedro Rielo: "Pontevedra é unha presenza máis na novela, que é unha road movie cara os mundos de Galicia"

O xornalista pontevedrés Pedro Rielo presenta Detrás dos perdidos, obra gañadora da terceira edición do Premio Xosé Neira Vilas de novela curta para menos e adolescentes. É un galardón que satisface especialmente ao autor, que suliña que "o xurado é coñecedor do mundo da literatura e foi moi positiva a valoración" que fixo desta obra na que a cidade do Lérez aparece como un dos principais escenarios da vida dunha xeración.

- Qué é Detrás dos perdidos ?

-É unha especie de viaxe, dun adolescente que se chama Fran Vilariño nese mundo tan emocional que é o verán, no que parece que renace a vida. Ten que ir de viaxe cos seus país dende Pontevedra á aldea, cando o que desexaba era ir á Lanzada, facer surf, ir á discoteca naqueles tempos no que, entre outras, íamos a Atlántida, ir a xogar ás pistas de Campolongo, ao barrio das torres altas a intentar imitar na medida do posible a Drazen Petrovic. A el o que non lle apetece moito é deixar aquí unha especie de noiva en Pontevedra, nese tempo ademáis decisivo que é o instituto, estamos deixando amigos atrás do colexio, camiño da universidade, o momento en que se toman decisión moi importantes, que carreira vas facer, en que cidade vas vivir. E tamén separaste de moitos amigos, porque daquela tiñas que ir a Madrid, a Santiago, a onde fose. Agora mudaron as tornas.

- A Pontevedra dos 80 aparece como telón de fondo

-Si, Pontevedra é unha presenza máis que hai na novela, que tamén é unha road movie, unha viaxe cara os mundos de Galicia que se van descubrindo a través da narración un pouco punki ou pop. Non quixen facer algo costumista ou algo cursi, non, nin moito menos, senón todo o contrario, facer una narración directa, atractiva, intentando ir por un sentido evocador da literatura. Quería tamén con esa novela recuperar ese lóstrego da adolescencia, ese raio que non cesa, que alumea certos recantos da vida como unha tormenta de verán, como un rider que vai sorteando as ondas e vai facendo tubos a esgalla. Meterse mesa onda, uliscar todas esas sensación que agora lembro: o arrecendo do neopreno, da herba recén cortada, das festas do Carme, do san Pedro, do san Roque, ese salitre que chegaba ata o interior co vento do nordés.

- A novela non sempre é positiva?

-Fala dese mundo do instituto, do intermedio, o momento das decisións, dos grandes cambios. Uns son positivos e outros non son tanto, porque non é unha novela nin bucólica nin positiva, senon? Outra cousa.

- Sinalaba a Drazen Petrovic, un dos heroes da novela, pero tamén hai outros, coma Magnun, ou a inspiración de Ford

-Si, hay unha cita de Ford, entre escoller a realidade ou a lenda xa sabemos o que temos que escoller no mundo da ficción. No xornalismo, no que me ubico, pois xa é outra cousa, temos que escoller ou aproximarnos o máximo posible á realidade, aínda que hai múltiples realidades. E, sí, Magnum é unha especie de líder espiritual, de conselleiro espiritual do protagonista. Nos 70 subiamos ao faiado para intentar conectar a televisión, que se vía poucas horas, e na aldea intentabamolo con todo, ata con cornos de vaca, para sintonizar La Bola de Cristal, Magnum, sobre todo algunha frecuencia costeira que nos permitirá escoitar a moitos grupos? Magnum está ahí, tamén o nacemento da Televisión de Galicia nos anos 80, que foi tan importante para o galego, en paralelo a todo o traballo que se estaba facendo no ensino, as campañas de normalización e outras, porque eu son das primeiras xeracións que recibimos clases en galego.

- Vostede tamén é de Pontevedra ¿ten a novela algún punto autobiográfico?

-Máis que autobiográfica o que é esta novela é xeracional, sempre pode haber cousas persoais pero non é autobiográfica nin moito menos senón que o que quería era que fora xeracional e máis que xeracional, por eso falamos da xeración Magnum, interxeneracional, porque tamén saen os país do protagonista, que son doutra xeración, e a aboa, que ten moito peso na novela. E logo están os perdidos, que son unha especie de Santa Compaña. En fin, que hai eses rapaces dos anos 80 e 90, os seus país que eran doutra xeración, o mundo da aldea (que era como o chamábamos nós) con eses paisanos que tiñan unha enorme riqueza, un enorme vocabulario, caso dos mariñeiros que ían ao Gran Sol, ou xente que sabía nomear aos paxaros, aos arbores, e que che contaban unha historia que semellaba o teatro clásico grego adaptado ao noso contorno. Ao mellor estaban falando dunha especie de Prometeo, que intenta roubar o lume para facer un verán inesquecible.

- Pensa darle continuidade a Detrás dos perdidos ?

-Espero que teña continuidade con outras historias de trazado semellante. É un mundo importante que penso que está pouco ficcionado na literatura galega. É unha obra colectiva que ten varias historias que van para un lado, para outro, para adiante e sí, é necesario que teña continuidade. Non me gusta o termo novela histórica, pero xa pasaron unha chea de anos e falamos de moitas outras cousas, de moitas frivolidades en casos, pero non deses anos que foron decisivos porque non tiñamos tanta presenza dese mito das cavernas noso de agora que son as redes sociais, que nos dan unha realidade paralela. Antes tiñamos máis contacto coas sensación múltiples.

Compartir el artículo

stats