"Unha nación no mundo. A razón resistente"fai un repaso sobre a Galicia de entre 1480 e 2010 no que Camilo Nogueira analiza a evolución socioeconómica do pobo galego para demostrar a súa tese de que Galicia "é quen de asumir o autogoberno como nación". O autor presentou onte a súa obra na vicerreitoría do Campus de Pontevedra, nun acto organizado polo Ateneo de Pontevedra no que tamén intirviu o mestre e editor Manuel Bragado.