Síguenos en redes sociales:

O Ateneo Santa Cecilia organiza unha charla con Anxela Gracián e o seu libro sobre Mª Victoria Moreno

O Ateneo Santa Cecilia continuando coas actividades relacionadas coas Letras Galegas hoxe contaremos coa presencia da escritora Anxela Gracián e o seu libro "Doce cartas a María Victoria Moreno". Trátase dunha biografía novelada narrada por un dos personaxes máis queridos e entreñables de María Victoria, o lobo Garimoso, ese que no seu libro mar a diante pasa varias noites coa nena Mariquiña sen papala, porque ela o soñou bondadoso. Garimoso inicia a lectura de todolos libros de María Victoria Moreno, tanto os escritos por ela como os que ela se escribiron e logo de mergullarse nesa lectura fascinante, decide mandarlle estas doce cartas nas que percorre a vida e obra desta interesante escritora galega a pesar de nacer en Extremadura. Anxela Gracián e unha prestixiosa de literatura infantil e traductora , con numerosas traducións o galego como "Memorias de Adriano", "Corto Maltés" ou "Balada do mar salgado". Gañadora da VII edicción do premio Plácido Castro pola súa traducción de "A Illa misteriosa" de Julio Verne.O acto comenzará as 20.30 horas na sala do Ateneo Santa Cecilia, sito na Rúa do Forno nº 42 baixo, Marín. A entrada será libre.

Pulsa para ver más contenido para ti