A concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, Paz Lago, presentou no Pazo Emilia Pardo Bazán, "Sanxenxo fala". É un proxecto a desenvolver durante todo o mes de maio, coincidindo coa celebración das Letras Galegas.

Este programa coordinado pola concellaría é unha realidade gracias á colaboración e ó traballo dos trece colectivos do municipio, que se unen pola cultura e a promoción da nosa lingua.

O goberno local entende que "unha administración ten implícita dentro da súa xestión diaria a promoción do uso da súa lingua, neste caso o galego. Ben é certo que o Concello de Sanxenxo de xeito transversal xa o está a facer pero cada máis é preciso concretar programas que teñan o galego como protagonista".

Ademais desta aposta polo idioma, o goberno pretende facer partícipe e implicar a toda a comunidade. E, é así como xurde a idea de "Sanxenxo fala". Un equipo de traballo que se unen para organizar actividades para todos os veciños e visitantes.

"Sanxenxo fala" quere facer visible todos os programas e actividades, tanto organizadas polo concello como polas diferentes asociacións, que teñen como protagonista o galego. Así o concerto pola lingua do verán, transfórmase en pequenos concertos elixidos polas agrupacións e presentes en todas as actividades.

As asociacións que participan nesta programación son: CCD Sanxenxo, Retesías de Portonovo, Soalleira de Dorrón, Ollares de Portonovo, Lembranzas, Abiñadoira, Os Gatiños de Portonovo, AA.VV de Dorrón, Neen@s, Coro Parroquial de Noalla, Colar polifónica Sta. María de Portonovo, Os Cruceiros de Vilalonga, Airiños da Lanzada

Aprogramación abarca dende o día 1 ata o 27 de maio con exposicións, cantos de taberna, música tradicional, e un festival de baile.