Gaitas, recitados e música da BMP no concerto "Xoldra na Eira"
A Banda de Música de Pontevedra e a de Gaitas de Forcarei protagonizarán o vindeiro domingo, 21 o concerto extraordinario das Letras Galegas, titulado "Xoldra na Eira". Na actuación colaborarán o gaiteiro José Manuel López "Josele" e a cantante Vanesa Muela.
Rafael Agulló Albors, director titular da Banda de Música de Pontevedra, encabezará a actuación e explicou que se trata da primeira ocasión na que se combina unha banda de música de formato máis clásico, como a capitalina, con unha agrupación de gaiteiros "máis popular e folclórica, todo elo co fantástico gaiteiro Josele e a voz fantástica de Muela, que se adica a recuperar o folclore de distintos puntos do país".
A música será, engadiu o director da Banda de Música de Pontevedra, o elemento central dunha festa que tamén terá unha parte poético narrada que enfiará as distintas pezas.
"Xoldra na Eira" principiará ás 21 horas no Teatro Principal e está aberta a todos os interesados en disfrutar deste espectáculo que se foi modificando ó longo do tempo e agora "mestura pezas máis clásicas con máis modernas, por exemplo unha de Ivan Costa", sinala Rafael Agulló, que acompañou onte á concelleira de Cultura, Carmen Fouces, na presentación.
Este concierto que combina diferentes estilos e épocas servirá de anticipo ó ciclo de conciertos ó aire libre da Banda de Música de Pontevedra, que habitualmente principia no mes de xuño.
- El primer tramo de la A-57 apenas recibe 2.400 vehículos diarios
- Un hombre que orinaba en la calle en Pontevedra permite localizar un foco de venta de droga en el centro histórico
- Manuela Sanmartín, una nueva centenaria pontevedresa
- La protectora de animales de Poio pide «ayuda urgente» para Pincho y Miki
- Samuel Kwesi, del ‘Villa de Pitanxo’: «Cuando yo no podía hacer nada, ellos me protegían a mí para que yo no muriera»
- Un coche queda volcado en la calzada en Sanxenxo tras colisionar con otro aparcado
- Cae en el peaje de la AP-9 en Pontevedra una banda itinerante de georgianos por robos en Vigo y otras ciudades gallegas
- La vinculación de la fiscal Marta Durántez con Pontevedra