Artistas galegos apadriñaron castiñeiros no Festival Latexos do Rural en Riós

Políticos e homenaxeados, a carón dun dos máxicos castiñeiros.

Políticos e homenaxeados, a carón dun dos máxicos castiñeiros. / Redacción

Redacción

O Festival Latexos do Rural retornou o concello de Riós e as aldeas do arredor este domingo, nun encontro coa cultura e a música e a participacion de Os Mozos de Arousa como mestres de cerimonia. A organización, a Asociación Cultural da Castaña, co actor Rubén Riós, incluiu onte unha ruta de castaños centenarios apadriñados por persoas da nosa cultura.

En concreto, esta Ruta do Talento, que contou ca participación conselleiro Xosé González e o presidente da Diputación, Luis Menor, adicou esta Ruta do Talento a 12 artistas que apadriñaron o seu correspondente castiñeiro. Estos foron Jaione Camborda (Concha de Ouro no Festival de San Sebastián 2024), Paula Carballeira (Premio Nacional de Literatura Dramática 2023), Yolanda Castaño (Premio Nacional de Poesía 2023), Begoña Vázquez (Mellor Chef Galega 2024), Carla Rivas (actriz na película “O Corno” Concha de Ouro en San Sebastián), Silvia Cerneira (compositora e intérprete musical) e o dúo Fillas de Casandra.