Alianzas e compromisos fronte ao cambio climático, claves para asegurar un futuro sostible
![Foto de la sequía.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/da6386ae-85f3-4eff-8463-2160b4b4fad8_16-9-aspect-ratio_default_1178556.jpg)
Foto de la sequía. / Viaqua
P.F.V.
Este verán tróuxonos unha situación de escaseza da auga con poucos precedentes, con imaxes inéditas en Galicia e noutros lugares do mundo. Os efectos do cambio climático xa son innegables. En España, un dos países da Unión Europea máis afectados polo cambio climático, a escaseza hídrica é un desafío importante en gran parte do territorio, mesmo nalgunhas zonas que habitualmente non padeceron de falta de auga.
Viaqua é unha empresa comprometida na loita contra o cambio climático, axudando desde hai anos a que os municipios sexan máis resilientes e se adapten mellor ás necesidades futuras. Ofrece solucións innovadoras en materia de xestión sostible da auga e dos recursos naturais para as cidades e núcleos de menor poboación. A súa folla de ruta é a Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas. En Galicia, Viaqua presta servizo de auga a máis de 765.000 persoas, en preto de 50 municipios.
Mitigación e adaptación como estratexia fronte ao cambio climático
A estratexia climática de Viaqua baséase na mitigación das causas do quecemento global e na adaptación ás consecuencias do cambio climático. Así, aborda a redución das emisións e o uso de recursos alternativos, considerando o binomio auga-enerxía, xa que, segundo afirman desde a empresa, a planificación e xestión de recursos hídricos debe incorporar o compoñente enerxético: “As tecnoloxías e solucións do futuro non só teñen que satisfacer a demanda de auga, senón que han de facelo co menor consumo enerxético posible”, recalcan desde a sociedade.
Para avanzar no seu obxectivo de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI), Viaqua aposta pola compra de enerxía verde, a eficiencia enerxética, a xeración de enerxía renovable e a implantación dunha mobilidade sostible. Como exemplo, en 2021 Viaqua conseguiu xerar preto de 600 MWh de enerxía renovable a través do biogás xerado nas estacións de depuración e a enerxía solar fotovoltaica. Ademais, a implantación da súa política de mobilidade sostible permitiu reducir un 19% as emisións de GEI asociadas á súa frota vehicular, respecto ao 2019. Grazas ao consumo de enerxía con garantías de orixe (GdO), desde o 2017, Viaqua reduciu as emisións potenciais de 65.000 toneladas equivalente de CO2 derivadas do seu consumo eléctrico.
Viaqua aposta tamén pola economía circular a través de sistemas de produción e consumo máis eficientes, reducindo tanto o consumo de materias primas e enerxía, como a xeración de residuos e emisións. Neste ámbito, Viaqua consegue valorizar o 96% dos residuos xerados nas plantas depuradoras que xestiona. Esta valorización supuxo evitar a emisión potencial en 2021 de máis de 10.000 toneladas equivalente de CO2.
Un proxecto pioneiro é a transformación das depuradoras tradicionais en biofactorías, un modelo recoñecido por Nacións Unidas como proxecto destacado na loita contra o cambio climático. As biofactorías rexeneran a auga para novos usos, valorizan todos os residuos e producen enerxía renovable para auto abastecerse. A EDAR de Ourense, coñecida como Biofactoría Norte, xestionada por Viaqua, é un referente internacional.
Doutra banda, o Centro Mixto CIGAT-CIRCULAR, froito da colaboración entre Viaqua e Cetaqua Galicia xunto coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), é resultado da evolución das Unidades Mixtas CIGAT (2015-2018) e CIGAT- BIOFACTORÍA (2018-2021), propoñendo un modelo integral para converter os residuos de orixe industrial, urbano, agrícola e rural en recursos de alto valor engadido que permitan unha Galicia máis descarbonizada e sostible nos ámbitos urbano e industrial.
A innovación é a clave para aumentar a resiliencia das cidades e pequenos núcleos de poboación fronte aos efectos do cambio climático. Neste sentido, Viaqua, defende como a dixitalización da auga pode actuar como vector de transformación e adaptación territorial fronte aos efectos do cambio climático. Agbar, grupo ao que pertence Viaqua, desenvolveu a rede Dinapsis que desprega solucións dixitais de referencia para a transformación dixital da xestión da auga e a saúde ambiental dos territorios, promovendo o desenvolvemento de cidades intelixentes, resilientes e verdes. Así mesmo, Viaqua impulsa a implantación de infraestruturas verdes mediante solucións baseadas na natureza, preservando a biodiversidade e os ecosistemas, tanto en contornas urbanas como rurais.
Viaqua acaba de publicar o seu Informe de Desenvolvemento Sostible 2021 na páxina web www.viaqua.gal, onde se mostran as principais iniciativas que levou a cabo durante o último ano para contribuír ao cumprimento das metas da Axenda 2030 e garantir así un futuro máis sostible e equitativo para as xeracións vindeiras.
- Un joven muere en su coche embestido por un Porsche que perseguía la Policía junto a la plaza de abastos de Cangas
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- “Míchel”, un trabajador del mar que regresaba de la nécora
- Accidente mortal en Cangas
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Andrea Janeiro vuelve a España y sorprendente a todos con su cambio físico
- El detenido por el accidente mortal en Cangas, trasladado a los calabozos del cuartel de la Guardia Civil