A Deputación de Ourense convoca bolsas no exterior para escritores ourensáns, en colaboración coa Residencia Literaria 1863, dirixida pola poeta e xestora cultural Yolanda Castaño. As axudas buscan fomentar a creación literaria e o perfil internacional dos autores da provincia, facilitando a súa estadía durante o mes de agosto en espazos rurais de Polonia e Islandia, e en áreas urbanas de Croacia e Turquía. Tamén hai unha quinta bolsa nunha residencia literaria de Almería, na segunda quincena de xullo.

“O apoio á creatividade, a cultura, a defensa da nosa lingua e da nosa identidade é unha das liñas políticas fundamentais da institución provincial”, di o vicepresidente segundo, César Fernández.