O pleno da Real Academia Galega acordou nomear membros correspondentes á xurista Celia Pereira Porto e ao crítico literario Ramón Nicolás.

Pereira Porto é doutora en Dereito e desenvolve un labor destacado en distintos campos, sempre desde o compromiso coa lingua e a cultura galegas. É autora da primeira tese de licenciatura en galego sobre o pensamento de Concepción Arenal, docente e investigadora sobre igualdade e xénero en Galicia, foi membro do gabinete de apoio á actualización normativa da Asesoría Xeral da Xunta de Galicia, forma parte da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega, exerce como avogada laboralista dende hai máis de quince anos e participa na Irmandade Xurídica Galega.

A nova académica correspondente ten diversas publicacións e na actualidade é presidenta da Fundación Vicente Risco, da que antes foi secretaria.