Arancha Nogueira gaña o XIII Premio de Poesía Victoriano Taibo con “Antese”

L. G.

O xurado do XII Premio de Poesía Victoriano Taibo, que convoca o Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración co Concello de Gondomar e a Editorial Galaxia, resolveu por maioría que o libro gañador desta edición fose “Atanes”, unha peza da ourensana Arancha Rodríguez Fernández, máis coñecida como Arancha Nogueira.

Os xurados valoraron qye se trata “dunha obra de diálogo interxeracional construída sobre unha forma actual que combina levidade e fondura, onde se atopa unha voz perfilada e madura capaz de sintetizar dunha forma accesible situacións e sentimentos tremendamente complexos”.

O acto de entrega do premio e a presentación do libro, publicado por Galaxia, terá lugar no mes de marzo de 2022, nunha data aínda por confirmar, pero que será arredor do día do cabodano de Victoriano Taibo.