Síguenos en redes sociales:

Buciños doa o bosquexo da escultura de Otero Pedrayo da Praza do Corrixidor

Buciños doa o bosquexo da escultura de Otero Pedrayo da Praza do Corrixidor

O escultor Manuel García ‘Buciños’ entregou onte a Eduardo López, presidente da Fundación Otero Pedrayo, o bosquexo da obra sobre o ‘patriarca das letras galegas’ que preside a Praza do Corrixidor, na zona vella de Ourense. É unha doazón do artista, premio Trasalba en 2020, que pasa a formar parte do museo da entidade.

Buciños presentou ao concurso aberto polo Concello en 1983 un proxecto de escultura de Otero Pedrayo. Tras gañar aquela convocatoria, o artista de Carballedo rematou o seu traballo con esa figura ergueita de orador ciceroniano. Na súa casa, Buciños garda 50 esculturas que foron bosquexos das que logo pasaron a engalanar prazas en vilas e cidades.

Pulsa para ver más contenido para ti