Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

De Braga ata Compostela por Ourense: un camiño milenario de peregrinación

Asistentes á reunión celebrada onte en Celanova. | // CEDIDA

Celanova acolleu onte unha reunión promovida pola Asociación Amigos do Camiño Xacobeo San Rosendo-Rainha Santa, co obxectivo de dar a coñecer, ás portas do Xacobeo 2021, unha ruta milenaria de peregrinación ata Compostela dende Braga, pasando pola Baixa Limia, Celanova e Ourense. Ao encontro informativo asistiron varios alcaldes dos municipios polos que transcorre o camiño. A intención é que exista un protocolo de colaboración para dar valor a este camiño que percorre parte da Vía Nova, seguindo os pasos dos romanos, xungue dous países a través dunha fronteira case invisible, atravesa a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, cunha senlleira riqueza natural, e discorre en paralelo á riqueza termal por Lobios ou Bande. Unha ruta que sorprende, con xoias arquitectónicas como a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande, a capela mozárabe de San Miguel ou o propio mosteiro de Celanova.

Compartir el artículo

stats