Síguenos en redes sociales:

A seitura en Allariz, entre a reivindicación do agro e a lembranza dun pasado duro

A seitura en Allariz, entre a reivindicación do agro e a lembranza dun pasado duro

| Allariz iniciou onte o ciclo do pan coa xornada adicada á seitura. O traballo da sega, esixente e non sempre agradecido, mantén viva a tradición agraria, mais tamén serve de recordo das épocas duras, nas que os esforzados agricultores galegos cruzaban o Padornelo para ser man de obra en Castela, onde varias xeracións sufriron traballos de sol a sol en condicións indignas, de semiescravitude. Algún deles participou onte na festa da seitura, que mesturou traballo, música e unha comida popular nunha carballeira en Queiróas.

Pulsa para ver más contenido para ti