Nós 2020 pon en marcha a Festa das Letras Galegas de Ourense, con sede no Liceo
Teatro, música coral e conversas sobre Roberto Vidal Bolaño centraron os actos literarios
A Asociación proCentenario de Nós 2020 promoveu a primeira edición da Festa das Letras Galegas de Ourense cun amplo programa literario adicado á figura de Roberto Vidal Bolaño que comezou cunha actuación do grupo de teatro universitario Cordelia pola mañán e rematou pola noite coa conversa aberta sobre o dramaturgo e unha cea no Liceo. Este espazo cultural da rúa Lamas Carvajal centralizou os actos da que pretende ser a primeira edición dunha festa que, según Uxío Novoneyra, membro de Nós 2020, "non existía en Ourense pero si no resto de capitais e cidades galegas".
Coincidindo co 50 aniversario do Día das Letras Galegas, a asociación considerou necesaria a celebración desta festa "na capital literaria de Galicia" e acadou o apoio económico do Concello e da Deputación. "A festa nace para ter continuidade e nós temos apoios para seguir facéndoa ata o horizonte de 2020, pero eso non quita que noutras edicións as organicen outros colectivos", sinala Novoneyra.
Ademáis da actuación con textos de Bolaño de Cordelia, participaron o Coro Universitario de Vigo e a Capela Madrigalista de Ourense con temas de Rosalía e Manuel María, entre outros. O "ambigú das letras", pola tarde, combinou as aportacións de escritores e dramaturgos con vídeos de Vidal Bolaño.
Más en Ourense
-
La ciudad se viste con ‘maios’ para celebrar la primavera
-
Médicos de Urgencias y Rehabilitación del CHUO piden más personal ante una carga “inasumible”
-
Cooperación intergeneracional para preparar a los universitarios para un mundo envejecido
-
Los premios de los catadores populares ponen fin a la Feira do Viño do Ribeiro