Centros de persoas de todos los signos, ateigaron onte a rúa do Paseo, para rendir unha homenaxe póstuma ao arquitecto e político ourensá Xosé Henrique Rodríguez Peña, organizado por unha comisión de amigos e correlixionarios do finado, pero que se converteu nun dos actos más participativos da vida social da cidade nos últimos anos.

Dende onte na fachada do número 28 da rúa do Paseo, na que se atopa o estudio de arquitectura de Peña, luce unha praca con lema "Posáchete por sempre, nas trabes da memoria. Xosé Henrique Rodríguez Peña, (1942-2006). Arquitecto Nacionalista Galego.

A placa foi descuberta por Xosé Rodríguez, un dos seus catro fillos, que nunhas breves e emocionadas palabras, agradeceu o testemuño e lembranza de tantos centos de amigos e cidadáns en xeral, nun acto no que ondearon bandeiras de Galiza Nova, estivo flanqueado por funcionarios municipais con traxes de gala e pechóu co himno galego interpretado pola Banda Municipal de Música de Ourense.

"Rodríguez Peña e xa patrimonio de toda Galicia", sinalou o deputado do BNG no Parlamento Galego Iago Tabarés "foi un exemplo de fidelidade as ideas, proximidade, sabiduría, e dignificación da vida política" engadíu.

Lembrou además que a su pesonalidade, dada a falar e escoitar os problemas dos cidadáns e amigos, "facía que tardara máis tempo en recorrer os 100 metros da rúa do Paseo, que en facer os 100 kilómetros que separan Ourense de Santiago

O alcalde de Ourense, Enrique Nóvoa, presente tamén este acto no que había xente de todos losgrupos municipais, e intelectuais, e moitos cidadáns anónimos recordou os seis anos que coincidíu con Peña como concelleiro de goberno e oposición respectivamente , no concello de Ourense, e destacóu a súa "bondade, intelixencia, o bo profesional e amigo dos sei amigos que era", o tempo que recoñeceu que "Ourense fíxose e faráxe con xente como él".

Entre o numeroso público participante estaban delegados provinciais de varias consellerías, o presidente da Diputación de Ourense, José Luis Baltar, a vicepresidenta do Parlamento, Tareixa Paz, o ex alcalde de Ourense Manuel Cabezas, ex concelleiros de todos los grupos políticos desta e de anteriores corporacións deputados nacionales como Celso Delgado do PP, o presidente do Colegio Oficial de Arquitectos de Ourense, José Jaime Vázquez, e centos de amigos e veciños.

Despois do acto celebrado na rúa do Paseo, tivo lugar unha mesa redonda no Ateneo de Ourense, na que participaron Manuel Cabaleiro Fabeiro, médico e membro fundador do PNG-PG, Bautista Álvarez, presidente da UPG, ou os mencionados José Jaime Vázquez e Fernando González Laxe.

Xosé Henrique Rodríguez Peña cimentou no persoal as bases do sentido homenaxe que a cidade lle tributou onte, no seu carácter "afable, conversador e sempre disposto a aportar solucións aos problemas alleos", como indicou o presidente da Xunta González Laxe, durante cuio goberno Peña fora conselleiro de pesca.

No político, comenzóu a súa militancia no movemento estudiantil contra a dictadura, foi membro de Coalición Galega desde a súa fundación, fundador do Partido Nacionalista Galego, PNG, en 1989 foi elexido deputado no Parlamento de Galicia. Nas municipais de 1991 foi elexido concelleiro na lista do BNG por Ourense. En 1992 foi elexido secretario xeral do PNG e nas eleccións de 1993, deputado por Ourense, escano que revalidou nas eleccións municipais de 1997 e 2001