Escribo esta carta co obxecto de que alguén na consellería de Educación fágase receptor da mensaxe e inste dunha vez ó director do CEIP García Barbón a que permita aos nenos poder entrar no recinto educativo antes da entrada a clase polas mañás.

O centro educativo estimou que a raíz do COVID era moito mais seguro para os nenos que estes agardaran na rúa para entrar en vez de esperar na grande esplanada que hai antes da porta do colexio. Para aqueles lectores que non coñecen o colexio descríbolles que xusto pasa unha rúa por diante e tamén está a saída do aparcamento dunha das torres de García Barbón, onde o Centro Financieiro. Isto provocaba que os nenos e as familias ó non ter sitio físico nas aceras ocuparan as rúas aledañas de circulación de vehículos, cousa que nin a policía local que axudaba a diario era quen de evitar.

Agora, no comezo do curso 2022/23 a dirección do colexio estima que aínda que non hai restricións por COVID os nenos deben de seguir agardando na rúa e non dentro do colexio, pero á complicada situación anterior agora hai que sumar o comezo das obras do Halo de Vialia, e eu coma moitos outros pais con nenos no García Barbón me pregunto, ¿haberá que esperar a que haxa un accidente para que a dirección do colexio permita que os nenos entren no recinto para agardar á súa hora de entrada a clase?