A pandemia volve a descontrolarse, en Europa. Aínda que en España, de momento, seguimos como senón pasase nada, creo que deberiamos tomar medidas e coidarnos un pouco máis. Digo nós porque o Goberno pasou as competencias as autonomías, e uns por outros, seguen sen tomar medida algunha; o certo é que a este paso é moi posible que o Nadal a pasemos confinados.

Repiten unha e outra vez os políticos que non pasa nada xa que temos vacinada a un 80% da poboación, con todo a incidencia cada día dobra ao anterior, e nalgunhas comunidades, xa se disparou a máis de 250 persoas por 100.000 habitantes. Mentres escribo escoito que en Galicia o xuíz de quenda deu permiso á Xunta para poder solicitar o pasaporte COVID, para entrar a visitar aos enfermos nos hospitais e no lecer nocturno, discotecas e restaurantes .

Dos bares e demais locais de lecer non se sabe nada. Obviamente cada un terá a súa opinión, todas son respectables, bo todas, todas non, porque non me parece de recibo o que dixo o Sr Revilla, iso de obrigar á xente para vacinarse “Ou polo civil ou polo militar”. Miúdo exemplo de demócrata, nótase que este ex falanxista aínda estraña aqueles tempos en que todo era así, polo militar. Botará de menos ese réxime?