A primeira, na fronte. Saiba vostede que a tarxeta dourada xa non desconta o corenta senón o vintecinco do prezo do billete, aclarou a persoa do despacho de billetes da estación do tren. E logo dende cando? Hai dous meses non era así. Xa pero esto débese a unha (ollo ó palabro) retarificación e este é o resultado. Mantéñense as condicións anteriores so na media distancia. Fixen o parvo dicindo que a televisión non dixera nada diso e calei.

A segunda, na boca. Tamén teño que aclararlle que se vostede quere reclamar unha anulación ou cambeo de billete, non a poderá facer se non paga cinco euros máis. Ésto débese a unha (ollo ó eufemismo) reformulación das xestións das reclamacións.

E a terceira, no peito. Unha vez comprados os billetes de ida, aparece un problema nos de volta. Sinto dicirlles que non poden vir xuntos, díxonos a señora, a non ser que paguen oito euros mais cada un. Pensei a qué se debería eso e cain na conta; esto débese a unha recadación que de xeito inmisericorde aplica o monopolio.

Agardamos cada hora que pasa a chegada da competencia, que acabe con estes abusos. ‘¡Vive la France!’.

En canto a Feira do libro de Madrid, espléndida. Nunca defrauda.