Un escolar sentado no chan de conglomerado setenteiro tenta topar algo comestible no fondo dun taper frío. A poucos metros da arquitectura escolar estase a servir un menú quente. Non todas as familias poden permitirse cofinanciar os comedores escolares. Con todos os membros en paro resulta inviable facer fronte a un copago imposto do 29% no menú académico.

Esta escea pode repetirse día tras día, mes a mes, perante todo un curso escolar.

Aínda que o semella, isto non é unha tosca copia dun conto de Dickens na primeira revolución industrial. A escea é real, pertence ó 2014, país, España. Rematado o curso escolar e dándose conta de que moitos alumnos so fan unha comida en condicións, a do centro escolar, aparece a idea de abrir os comedores escolares en época vacacional. Pero as voces autorizadas din que a devandita idea estigamatizaría ós alumnos.

I ese neno que leva outono, inverno e primavera buscando os restos fríos no taper de noutronte€ non merece unha comida quente ó día?

A día de hoxe non hai estadística de cantos nenos sentan no chan ollando para o taper plástico sen saber por qué non hai repostas para todas as preguntas.