A nova Lei de Seguridade Vial ao parecer ten como obxectivos principais "evitar a impunidade de algúns condutores/as infractores, reducir os tempos de tramitación dotando as sancións dun carácter pedagóxico e simplificar o procedemento sancionador". E o lema da campaña informativa presentada por Alfredo Pérez Rubalcaba o pasado 17 de maio é "Cambiamos para mellorar".

A min debido a unha sanción de tráfico correspondeume pagar 150 euros e ademais teño 2 puntos menos, porque circulei a 77 km/h nunha zona limitada a 50 km (segundo detectou o cinemometro multanova antena 000002588), na vía N-634 P. km: 695.3.

Pero facendo contas o total de euros a pagar, se non tivese respetado os respectivos prazos, sería de 1.200 euros (para moitas persoas non é nin tan sequera o importe mensual dunha nómina e menos nestes tempos), 900 dos cales procederían da non identificación do/da condutor/a nun prazo de 20 días". Entendo que estas medidas non teñen carácter pedagóxico algún, máis ben creo que van propiciar a perda de respeto ao sistema de puntos, porque proceden do abuso da autoridade.

Eu considérome unha condutora prudente (aínda que calquera podemos cometer un erro), non me gusta correr ao volante, nin exceder os límites de velocidade, e non o fago por medo a autoridade senón por respeto aos demais, responsabilidade e porque aprecio a vida. Se o Ministerio do Interior quere adoptar medidas pedagóxicas debe ocuparse de concienciar ás persoas que conducen temerariamente, que habelas hainas, para que reflexionen sobre as consecuencias dos seus actos. E doutra banda, como na citada campaña informativa falouse de que se destinará integramente o importe destas sancións, entre outras cousas, a actuacións en materia de seguridade vial, unha suxestion: só na provincia de Pontevedra existen sinais de tráfico tanto en autovías, estradas nacionais como en autoestradas que están mal colocadas (por exemplo, xusto nunha bifurcación en medio dunha autovía, onde se circula a máis velocidade, e que pode implicar ter que frear, para saber que dirección tes que tomar realmente); como criterio a seguir é importante considerar que un sinal, xamais ten que facerche pensar, pola contra, ten que ser directa e indicarche claramente o que tes que facer. E tamén deben estar colocadas con suficiente antelación, por exemplo, volvendo ao da multa, nalgún punto kilométrico do percorrido que fixen o día da sanción, se que pensei, non sei se me pillaría o radar porque non tiven tempo de reducir a velocidad; hai que ter en conta que cando circulas por unha estrada nacional poden vir outros coches detrás e non podes frear así polas boas.

Débese ademais ter en conta que, o principio de proporcionalidade rexe calquera acto administrativo polo tanto nestes momentos en que impera unha importante crise económica, que motiva que unha gran parte da sociedade perciba menos ingresos ou incluso non obteña ningún, deberían sancionarse economicamente con taxas deste tipo ás infraccións que impliquen dolo e conducción temeraria.

Para min "Cambiamos para mellorar" é outra cousa.