Levamos os veciños e veciñas varias semanas denunciando nos medios que en Baiona a limpeza e orden público brillan pola súa ausencia. Digo ben, ausencia señores responsabeis políticos.

Temos que asistir todos os días como a limpeza nas praias, nos paseos, os contedores, etc, están botando un fedor que non se pode aturar por mais tempo.Tamén vese o deteriodo do mobiliario público que da pena. Xa non digamos o que está acontecer no colexio público de "Fontes", que tamén é algo inhumano o que ten que ver os nosos nenos.Nos xa nos decatamos que algúns dos seus fillos ou netos non van a colexios públicos e non saben do que é padecer estes problemas. Si van aos colexios privados, lexítimamente, lémbrolles que o pagan cos nosos impostos ao igual que cos nosos impostos queremos que arranxen as escolas dos nosos fillos ou netos.

A orden está esquecida na vila de Baiona por non ter unha policía local equipada en medios e persoal profesional, nunha vila que se caracteriza por ter un actrativo turístico. O caos nos estacionamentos é desde fai anos unha sinatura pendente que non ve o día en darlle unha solución. Temos que transitar entre vehículos mal estacionados que impiden o normal desenvolvemento viario, e o saben ben os nosos mandatarios que fan a vista gorda.

Por todo isto, sinto o deterioro dos servizos máis elementais da vila, un abandono que non se lembra na memoria dos máis vellos.