Violar nenas sae moi barato

Ana Míguez

Ana Míguez

Con sete aniños comezou a ser violada polo seu cuñado e o irmán deste, que contaban coa complicidade da súa irmá. Así até que cumpriu trece anos.

En dúas ocasións ficou preñada; no último embarazo tivo un bebé que deu en adopción.

Esta noticia déixanos abraiadas, parecéndonos imposibel que sexa certo e que acontecese preto de nós.

Ah! pero non se preocupen porque estes violadores-delincuentes serán castigados como se merecen... ou iso pensamos e dimos por feito.

Pois non! Á Fiscalía, que solicitaba a ridícula pena de once anos de cadea, parécelle moito e ten o valor de chegar a un acordo cos delincuentes-violadores e, deste xeito, reducirlles a pena a tres anos. Si, digo ben, tres anos que por suposto non van cumprir por enteiro.

E nós preguntámonos o porqué, e só hai unha resposta: insensibilidade e preguiza. Si. Preguiza, pois enfrentarse a este delito ía dar lugar a un proceso longo e traballoso para a acusación e o fiscal.

E despois de todo, o mal está feito. Total... non deixa de ser unha nena que non se vai queixar da irresponsabilidade da Fiscalía.

Suscríbete para seguir leyendo