Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cipriano Luis Jiménez Casas

Eliud Kipchoge, un mito olímpico da maratón

A orixe da maratón, esta baseada na historia do soldado Filipedes, quen no ano 490 a. C., morreu de fatiga despois de recorrer 40 km desde Maratón ata Atenas para anunciar a vitoria sobre o exército persa. Nos primeiros Xogos Olímpicos de Atenas 1896, inaugurados polo barón Pierre de Coubertin incorporouse esta carreira en honor á xesta grega. Nestes xogos, o gran heroe e gañador da proba foi un vendedor de auga grego Spiridon Louis, seleccionado obrigatoriamente por un oficial do exercito grego. Antes da saída permaneceu dous días en oración e xaxún. Para delirio dos seus compatriotas entrou en solitario salvando o honor helénico. Único trunfo en atletismo.

O maratón, é unha carreira de longa distancia de 42,195 km e forma parte do programa de atletismo das olimpíadas. Na categoría masculina Atenas 1896, e feminina os Ánxeles 1984. Na olimpíada de Londres 1908 foi cambiada a distancia dos 40 a 42,195 km entre Windsor e o estadio White City, porque a Raíña quería que pasase fronte o Palacio Real.

Eliud Kipchoge, é o primeiro atleta que baixou das dúas horas, o terceiro que revalida o título olímpico da maratón, e posuidor de catro medallas olímpicas o mellor atleta masculino dos anos 2018/19 por parte da IAAF. Dúas veces campión olímpico Río 2016 e Toquio 2020/21. Un título anteriormente logrado polo etíope Abebe Bikila (Roma 1960 e Toquio 1964), e o alemán oriental Waldemar Cierpinski (Montreal 1976 e Moscou 1980). A primeira muller en completar a maratón foi Marie-Louise Ledru, 1918, e Violet Pieray é a recoñecida oficialmente e cronometrada en 1926. A queniana Brigid Kosgei e posuidora da mellor marca feminina 2:14:04, Chicago, 2019.

"Transformador e defensor dos cambios, Kipchoge pensa que o que fai ao ser humano é a súa mentalidade, non a zapatilla"

decoration

Kipchoge, o mais grande maratoniano da historia e plusmarquista mundial, posúe a mellor marca da maratón masculina de tódolos tempos. En Viena 2019, baixou das dúas horas cunha marca de 1:59:40, non homologada. É o recente campión olímpico en Toquio, con 2: 08. 38. A fronte dun grupo de 106 atletas de 45 países, saíron ás 07:00h o pasado 8-08-2021 do parque Odori de Sapporo con 26º e un 80% de humidade. Recorridos os primeiros 30 km lideraba un quinteto integrado polos dous quenianos Lamdassem, o belga Nashir Abdi e o holandés Abdi Nageeye, todos nacidos en África.

Kipchoge transmite confianza ca súa mirada. Disciplinado, sereno, paciente, coherente e traballador, nunca perdeu ningunha sesión de adestramento na súa aldea de Kaptagan a 2.300 m sobre o nivel do mar, e corre 161 km a semana supervisado polo seu adestrador Patrick Sang. “O sorriso que teño cando corro é de felicidade –comenta– con esta vitoria deixo un legado...quero que sexa unha representación da transición a vida normal, algo que reflicta que vamos na dirección correcta”. Transformador e defensor dos cambios, Kipchoge pensa que o que fai ao ser humano é a súa mentalidade, non a zapatilla. A vida desta grandísimo atleta, é dunha austeridade exemplar, cunha dieta sinxela, sestas e lecturas de libros e poesías.

O deporte galego nestes Xogos Olímpicos de Toquio 2020/21 con Ana Peleteiro, Rodrigo Corrales, Nico Rodríguez (bronces) e Iván Villar, Carlos Arévalo/Rodrigo Germade e Teresa Portela (pratas) xa están e forman parte, por dereito propio, no olimpo dos deportistas de Galicia. Os nosos parabéns e felicitacións.

Compartir el artículo

stats