Opinión

Castor Rodríguez González

O egocentrismo

Mergullándome un pouco na Wikipedia vexo que o egocentrismo na psicoloxía é unha característica que define as persoas que pensan que as súas propias opinións e intereses son máis importantes que as dos demais. Parte da hexemonía dos seus pensamentos sobre os outros; o que el pensa, opina, cre e razoa é primeiro e máis importante co resto. O mundo xira ó redor da súa individualidade.

Unha persoa que é egocéntrica cre que é o centro de atención. Ego en latín significa eu. O centro son eu.

Segundo pedagogo suízo Piaget os nenos son por natureza egocéntricos. Nun principio contemplan o mundo só desde a súa perspectiva persoal. A partir desa etapa vaise desprendendo dese centrismo. Na infancia e na adolescencia aínda queda bastante para ir deixando ese apego de un.

O problema ven cando na idade adulta segue existindo o aprecio esaxerado de un mesmo. Isto leva as persoas a ser egoístas e se meten nun individualismo que impide o valor do social.

Parece mentira que na sociedade moderna que presumimos ter, con celebracións de tantos días de...(buscando valores), está aparecendo un individualismo bastante grave. Di un amigo meu, que hai xente que só sabe conxugar os verbos en primeira persoa...E ten moita razón pois moitos non se acordan de que existe o ti e vós.

Ás veces nos xuntamos diante de algo que sucedeu prestando a nosa solidariedade. Logo, despois cada quen anda por seu lado. Ata parece que nos molesta o saúdo. Os personalismos estanse a notar en todos os estamentos sociais. Nalgúns fan máis dano que nos outros. Tomemos nota do que esta a pasar na política. É unha empresa moi grande e hai que conservar o posto como sexa. Tiñamos que saber escoller poucos e bos, e os outros para a casa