Non sempre foron os médicos os que mellor describiron as enfermidades. Para ser un bo médico, díxolle Thomas Sydenham (1624-1689) ao seu discípulo Richard Blackmore, tes que ler El Quijote. As referencias desta obra universal as enfermidades, teñen un valor científico incuestionable. Charles Dickens (1812-1870), co seu agudo poder de observación e capacidade descritiva, foi quen de relatar de forma impecable a síndrome de Pickwick, e a enfermidade de Párkinson (esta ultima adiantándose os especialistas da talla de Steele, Richardson e Olszewski, en 1964).

As enfermidades e as epidemias foron tamén temas cruciais na literatura. O Diario do ano da peste (1722), de Daniel Defoe (1660?-1731) é probablemente o primeiro libro da era moderna mais sensible da literatura a redor das epidemias, en relación a peste que asolou Londres en 1665. Tomas Mann (1875-1955) aborda o tema da tuberculoses na Montaña máxica (1924), Albert Camus (1913-1960) escribe A peste (1947) e Dostoyevski soubo utilizar a doenza que padecía moi intelixentemente, na súa obra literaria e transformar a adversidade en oportunidade. Freud inspiraríase neste xenio da literatura para desenvolver as súas ideas de cambios no comportamento propios da epilepsia.

Cervantes, Dickens, Mann, Camus, e tantos outros escritores contribuíron coas súas obras a un mellor coñecemento das enfermidades. Dicía Marañón: "Si os médicos foramos non xa afeccionados a literatura, senón virtuosos da súa técnica, grandes poetas, en suma, é evidente que estariamos moito mais cerca de que nos entendesen todos, e polo tanto, de que curásemos todos aqueles trastornos do organismo que se curan, ante todo, con claridade".

Por outra banda, a novela de ficción ofrece unha perspectiva humanizada do relato patolóxico, aportando a vivencia da enfermidade sobre aspectos non sempre atendidos ou tidos en conta pola ciencia, contribuíndo a erradicación do estigma social asociado a determinados pacientes.

Hoxe, Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, queremos agradecer e felicitar a Domingo Villar (Vigo, 1971) pola súa ultima novela: O último barco (Galaxia, 2019), que presentou o día 6 de marzo na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO). Lugares a redor da Ría de Vigo, Moaña, Cangas, Tiran ...e a nosa propia cidade, desenvolvese esta apaixonante e intrigante "novela negra", continuación das anteriores: Ollos de auga (2006), e A praia dos afogados (2009). Esta segunda novela, consagraría o autor internacionalmente, sendo premiada en Inglaterra, Francia e Suecia, así como, traducida a mais de 15 idiomas.

O colectivo de profesionais de Fundación Menela, que celebramos hoxe o Día Mundial do Autismo, moitas das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), as súas familias e amigos valoramos a descrición que Villar fai dun dos personaxes da novela, Camilo Cruz, o "rapaz de laranxa".

Camilo, como tantas outras persoas que presenta un trastorno con dificultades nas áreas da comunicación e socialización (non se comunica nin fala con ninguén), non é agresivo, leva unha vida metódica e ten grandes dificultades para manter amizades. Porén, fai estupendos debuxos como si de retratos se tratara. Sabemos da capacidade que estas persoas teñen para certas artes como a música e a pintura. O TEA é un trastorno que pode provocarnos desasosego por falta de coñecemento sobre o mesmo, os seus códigos e intereses non son os nosos, por iso nos reclaman: Que non lles expliquemos que se espera deles en determinadas situacións sociais. En definitiva, as persoas con TEA estannos dicindo: Nada sobre nós sen nós.

Villar na súa novela O último barco, describe con todo tipo de detalles a este personaxe, o "rapaz de laranxa", e estanos a definir un "trastorno" que para nós é, sen lugar a dubidas, o dunha persoa con TEA. Outros escritores o fixeron, doutros trastornos ou enfermidades ao longo da historia da literatura.

*Director xeral da Fundación Menela