Días pasados un xulgado diulle a razón aos que se apropiaron indebidamente dunhas esculturas do Mestre Mateu. Mesmo o maxistrado, segundo reza a prensa, pon en dúbida pecador de que tales esculturas sexan obras verdadeiras do Mestre Mateu. En términos moi estrictos, vexo que ese xuíz está moi ben asesorado en materia de Historia da Arte Románica. En realidade, que saíran da man, da maceta e do cicel de Mateu a totalidade das maravillas do Pórtico da Gloria é cousa que tamén non foi demostrada nin nunca poderá ser demostrada.

O caso é que unhas pezas escultóricas valiosísimas que pertenecen ao patrimonio nacional galego (se queran ao español) estaban agachadas no Pazo de Meirás e agora a xustiza española atribúelle a súa propiedade á familia do Caudillo. Á familia F., que dicían en Cuadernos de Ruedo Ibérico. Aqueles consanguíneos colaterais e colazos de Franco que predaron e roubaron sen dó, agora seguen a defender os seus trofeos de guerra e de caza. Non son sabres inimigos nen feudos conqueridos, aínda que tamén. Os F. detentan Meirás, a casa de Cornide, ambos dous predios encheitos de obras de arte procedentes do ladroiro.

Cornide e Meirás son o símbolo de permanencia do franquismo no poder mercé á obra pacificadora da Exemplar Transición, que así din.

Así, de novo as dereitas, as Tres Dereitas, neofranquistas todas tres, opóñense a que Franco morto se remove do seu xacigo. E, sobre todo, opoñense a que Galicia, ou España, nacionalice os tesouros é estas casas usurpadas da familia Franco.

Todo producto da cobiza e do que o código penal español delimita inequivocamente coa castiza verba castelá que soa así de mal: "cohecho". Nós suxerimos unha inspección da Hacienda central ás casas dos Familia Franco. O pobo debería esixir un inventario xeral dos seus bens.

E, logo, o Estado, se nesta autonomía non hai vontade, que non a hai, practicar actos xurídicos e políticos que tamén teñen nomes casteláns, e galegos, sumamente enxebres: Requisar, expropiar, confiscar, nacionalizar, socializar. Dediante dos nosos ollos espaventados vimos como o arcebispado de Compostela usurpou a Bonaval e con el o Panteón laico de Ilustre Galegos e Galegas. O clero compostelán é agora o dono das chaves do sartego de Cabanillas e Rosalía. E familia F. solta as propiedades adquiridas irregularmente.