Con motivo do recente pasamento do noso pai, Manuel García Calvo (A Casa do Gato), dende a familia queremos agradecer as mostras de cariño e cercanía de todas as persoas que nos mostraron o seu pésame en visita ou por outros medios. Como moi ben dixo o noso párroco D. Marcos Torres, uns fillos nunca dan conta do querido e apreciado que pode chegar a ser un pai, para persoas que nin coñeces, ata chegar o momento da despedida que nos trasmiten o seu sentimento.

Unha persoa entregada aos amigos, aos veciños, de trato cariñoso aos nenos e respecto aos maiores, con motivo dos seus traballos como carpinteiro, albanel, na taberna O Gato Negro, que rexentaba coa nosa nai, Xulia Méijome Castro, e pechou a principios dos 70, e, como non, no Concello de Lalín, dende o servicio de recollida de lixo, encargado da piscina e no pabellón, cantos momentos do Balonman Lalín, preferentemente, cheos de anécdotas, e, xa xubilándose de bedel do Colexio Manuel Rivero, donde aos nenos coidábaos coma fillos, que moitos lembran con cariño.

A todos aqueles que non podemos nomear por ser unha infinita lista, chegue o noso máis sinxelo agradecemento.

*No nome da familia de Manuel García Calvo