Certamente ao longo da vida hai moitas cousas que facer. Visitar e coñecer países, cidades, vilas, lugares... nos que afortunadamente atoparémonos con todo tipo de elementos artísticos e onde viven persoas diferentes a nós en ideas, costumes ou formas de vida. É o que denominamos a diversidade humana tamén propia da natureza. Porén, o encontro con esa diversidade tampouco se trata como moitos pensan, que teñamos que desprazarnos moi lonxe, para poder atopala. Preto de nós, podemos apreciar cousas que pola rutina que nos temos imposto, pásanmos desapercibidas e que cando alguén no lo indica, exclamamos ¿Pero si o tiñamos a dous pasos? Xa o dicía o Premio Nobel José Saramago: "chegamos antes a lúa que o veciño que temos o noso carón".

Sempre me lembro daquel libro de Umberto Eco: Como facer unha teses doutoral, (1977), dirixido a estudantes con poucos recursos e apoios, os que ninguén lles explicou como se busca un libro, ou un documento en bibliotecas e arquivos. Eco, comenta: "Pódese facer unha teses digna, aínda atopándose nunha situación difícil, causada por discriminacións recentes ou remotas. Pódese aproveitar a ocasión da teses para recuperar o sentido positivo e progresivo do estudo non entendido como unha colleita de nocións, senón unha elaboración crítica dunha experiencia, como adquisición dunha capacidade boa para a vida futura para localizar os problemas, para afrontalos con método, para expoñelos seguindo certas técnicas de comunicación".

A verdade é que cando p. ex., un fai o Camiño de Santiago, aínda que vaia con amigos despois de varios quilómetros as dificultades, a fatiga o diferente ritmo e capacidade duns e outros, son eses momentos de soidade o mellor acompañamento que posuímos. É e xusto nese intre, no que mellor nos funciona o pensamento e a reflexión, desligado das influencias e presións que a diario nos atopamos nas cidades ou vilas onde nos atopemos. Ao longo do camiño apreciamos o que nos rodea de forma diferente e ollamos a uns e outros como camiñan e saúdan ¿Que iran pensando? Fai moitos anos, facer o Camiño de Santiago era mais complicado. Desde os anos 80, unha simple frecha amarela, erixiuse como símbolo do Camiño. Situada en cadansúa encrucillada indicándonos a dirección a seguir e danos seguridade.

Unha mochila sinxela, na que levemos unha garrafa de auga, froitos secos, cremas e tiritas e mais que suficiente. O bastón axuda, pero son os compañeiros de viaxe, o mellor dos apoios que precisamos. A Vieira, outro dos elementos simbólicos do Camiño representaría os cambios que se producen na vida do peregrino. Antigamente, o chegar a Santiago andando, recibíase un pergameo e unha Vieira que se colgaba da capa ou sombreiro. Actualmente os camiñantes soen levala desde o comezo do itinerario.

O Camiño Francés, descrito a redor do 1.135 no Codex Calixtinus, Libro V, do francés Aymeric Picuad, considerase a mellor guía cultural e turística de Europa, informando e detallando cada tramo e localización tanto dos hospitais, como santuarios e costumes locais. Desde Roscenvalles os peregrinos teñen por diante 760 quilómetros. No ascenso o Cebreiro deixamos atrás o Bierzo. É a entrada a Galicia. O marco sinala 156,7 quilómetros a Compostela.

O Cebreiro é unha aldea prerromana situada a 1.300 metros de altitude, onde campa o santuario de Santa María a Real (s. IX-X). De Triacastela a Sarria, atopámonos co mosteiro de Samos (s. VI), residencia do Padre Feijoo, ao longo de 14 anos, inmortalizado por una escultura de Asorey nun dos maiores claustros monásticos de España.

As igrexas románicas de Santiago de Barbadelo e de Santa María, están na aldea de Ferreiro unha vez que pasamos a vila de Sarria, enfilando cara a Portomarín onde o encoro de Belesar, aínda hoxe en época estival, nos permite ver as ruínas do vello pobo de Portomarín. Do lugar de Castromaior, e o templo de Vilar de Donas, cas súas pinturas murais da ábsida central achegámonos a Palas de Rei, onde a visita o castelo de Pambre danos conta da fortaleza supervivente das revoltas sociais dos irmandiños contra os señores feudais.

A chegada a Melide, o centro xeográfico de Galicia, acontece a través da ponte medieval de Furelos. Visita obrigada o Museo Etnográfico da Terra de Melide onde nos agarda o seu director Manuel Broz. Fermosísima iniciativa, que un puñado de persoas fai mais de 40 anos puxo a disposición de Melide e de Galicia. Continua o Camiño por Boente, Ribadiso (albergue de peregrinos e antigo hospital medieval) de cara a Arzúa, Arca O Pedrouzo...

Estamos nas portas de Santiago de Compostela e non nos podemos marchar sen antes ver a restauración do Pórtico da Gloria, onde o Mestre Mateo desenvólveo un complexo programa de contido apocalíptico centrado na visión da Xerusalén celeste, completando a salvación do Home iniciada nas portadas laterais da catedral románica.

Só nos queda a Raúl Fernández, Marta Martinez e o que relata esta pequena historia, recoller a credencial compostelán, que nos da conta de que se fixo o Camiño, tal como o esixen as normas o uso "Datum Compostellae die 12 mensis augusti anno 2018".