Educar non é unha tarefa fácil. É unha experiencia incerta e sempre nova. Cada sociedade e cada época poñen en práctica as súas propias ideas sobre a educación, que non sempre se axustan á razón ou ao interese das nenas e nenos. A educación necesita unha reflexión constante e unha renovación permanente. O humor é un dos espellos máis importantes para pensar a educación. É o que desde hai medio século ven facendo FRATO, heterónimo de Francesco Tonucci. As súas viñetas, sempre dende a perspectiva dos pequenos, reflicten erros e contradicións da educación nas sociedades urbanas e desenvolvidas."

FRANCESCO TONUCCI - FRATO - Investigador e Pedagogo italiano ( Fano, 5 xullo 1940). En 1966 realizou os seus primeiros debuxos de carácter pedagóxico e dende 1968, co heterónimo de Frato, comezou un traballo gráfico sistemático coa intención de expoñer o seu pensamento educativo a través de viñetas e debuxos. É promoto e responsable dende 1991 do proxecto "A cidade dos nenos", no que na actualidade están implicadas 200 cidades e que xira arredor da vida e as necesidades da infancia". Francesco Tonucci é o pedagogo, pensador, e FRATO, heterónimo, alter ego, son as primeiras sílabas do Ilustrador. Admiración para esa mesma persoa.

A Concellaría de Ensino e Deporte de Cangas ven de participar esta mañá na inauguración oficial da nomeada Exposición, organizada pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Pontevedra. Máis de 100 orixinais de Frato, espazos participativos de construción, xogos, teatro, natureza, bicicleta, ideas e inventos, cen mans cen linguaxes, ,? conforman unha fermosísima e magna Exposición que animamos a visitar a todas.

Debuxos críticos, imaxinativos, creativos, dos mundos da infancia, da escola, manifestacións ilustradas dun pedagogo - que nos lembran a Quino e a súa Mafalda, visión crítica do mundo dende os ollos da coñecida rapaza - que nos sigue a seducir a todos os sectores da comunidade educativa. Este pensador, pedagogo, discípulo, continuador e amigo dos grandes da educación, Gianni Rodari, Mario Lodi,? Super recomendable, para non perderse nada dende o principo ata o final dunha ampla Exposición. Distintos centros educativos de Cangas ( Nazaret, Montecarrasco,... figuran entre os aceptados dunha longa lista que cubre todo o periodo de exposición, pero que ninguén debe perder.

( *) Edil de Ensino de Cangas