Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pe do farelo

Populismos, democracia...

Populismos estase a converter na palabra de moda nestes tempos, no que todo se compra e vende, nada perdura e todo absolutamente resulta banal menos a vida dos que morren pola nosa insensibilidade e egoísmo manipulado por estes que están a construír nas nosas ficticias democracias occidentais, un sistema político no que a representatividade do pobo e a xente a través do voto, a "Democracia", ou goberno do pobo, esta a se converter en realidade, en que eles fan despois con ese voto o que lles peta, incumprindo programas electorais, mentindo e adaptando a legalidade os seus intereses en cada caso, tan pronto gañan as eleccións.

Pasamos case sen decatarnos, trala caída do muro de Berlín, e o derrube das economías socialistas/comunistas, de unha economía real produtiva a un capitalismo globalizado,que resulta seren basicamente financeiro e polo tanto, especulativo ao cen por cen. Cartos fáciles e axiña, no que todo vale, velaí temos o seu resultado plasmado nos centos de casos de corrupción o redor do poder, e todo o que ule a goberno, tanto ten o país do que falemos, eche a mesma historia en todos lados, por desgraza.

No noso país, e por ende na zona Euro e sobre todo nos países do sur; Grecia, Portugal, Italia e España, esta transformación e sometemento económico os poderes fácticos financeiros, tiña que ir e foi acompañada dunha perda real de poder de decisión polos políticos, e como consecuencia perdemos soberanía a prol de Alemania, que é a que decide guste ou non.

Este resulta ser o caldo de cultivo ideal para os movementos chamados populismos, xa que se moven coma peixe na auga, no descontento e a frustración que ven parella coas políticas de reformas, que non son mais que a materialización do neoliberalismo capitalista; os ricos máis ricos cada vez, e os pobres mais pobres, desaparecendo a clase media, que non interesa, e para a súa implantación se crea sen pudor unha falsa crise, e como consecuencia se fai imprescindible en paralelo aplicar medidas correctoras sobre dereitos sociais, laborais, e xurídicos acadados o longo de dous séculos de loita sindical dos traballadores dende a revolución Industrial, berce das teorías anarco sindicalista e por ende do socialismo.

Pero ollo, porque estamos a vivir unha situación que semella xa vivida no período entre guerras do século XX. Naqueles anos 20 na Alemania da preguerra mundial o reparto do poder económico entre as industrias do aceiro e o ferro a que se contrapoñía un novo capitalismo progresista que buscaba novas formas de produción e reparto da riqueza, deu na aparición do nazismo, coma forma de populismo, foi a elección de Hitler e os seus, que souberon coma ninguén encamiñar o desencanto e o descontento desesperado da xente, as que trouxeron as consecuencias coñecidas de todos; A segunda Grande Guerra Mundial.

Na actualidade, volvemos ver o desencanto, a agonía do neoliberalismo capitalista e a súa presión sobre os pobos e a xente, e deste xeito a aparición dos lideres populistas, os nacionalismos, os extremistas do nazismo radical e o racismo puro e duro, en USA, Francia, Italia, Rumanía, Bulgaria, e unha interminable lista de países que se encamiñan cara o lado dunha nova forma de fascismo capitalista, e curiosamente revestida e bendicida pola nosa santa democracia, o que ven demostrar, novamente o papel desenrolado na manipulación dos medios de produción económicos, a través da información publica, tal e como descubriu no seu día o monstro asasino Goebbels, o mesmo que defendeu; unha mentira mil veces repetida, remata por se converter nunha media verdade. Esta nova forma de capitalismo, sostida pola utopía da democracia global como fin ultimo de acadar a riqueza para todos estase a impoñer no mundo, e vai seguindo os mesmos pasos que se deron naquela Alemania pre nazi .A chantaxe actual do nacionalismo, pola mobilización social populista utilizando as armas que lle facilita a propia democracia pon sobre o tapete o fracaso real destas e o perigo do cáncro que están a alimentar no seu interior e que mesmo pon en risco a súa supervivencia, a través da desafección dos pobos e a xente pola idea na que orixinalmente se sustentou, tal como está a pasar coa idea da nosa Europa en Común, e perigo real de desmembración grazas a irracionalidade do austericidio practicado por Alemania, que buscou paralizar os fluxos de capital dirixidos cara os países do Mediterráneo, que competían con ela e polo tanto supoñían un obstáculo o seu podería económico, que era preciso abortar.

Isto supón un efecto rebote, unha negativa da xente a continuar na idea dunha Europa, na que están a ver os países do norte,como os ricos, e os do sur, os pobres nos que estanse a impoñer condicións leoninas e in asumibles de absurdos rescates económicos que ninguén quere, o xerme ideal para que brote e medre a ultra dereita, os populismos e o fundamentalismo, sexa do signo que sexa.

Compartir el artículo

stats