Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tribuna libre

AVE, xaque mate a dignidade

Primeiro prometían para 2009, logo 2011, 2018... e agora máis aló de 2020

Primeiro prometían e estaba previsto que as obras do AVE remataran no ano 2009, despois no 2011, logo insistían en que a data definitiva era no 2018, e agora xa din que será máis aló do 2020.

Esta é a historia en datas das mentiras que ao longo do tempo teñen dito os gobernantes do Estado, e os seus representantes na Galiza. Engano tras engano.

En relidade trátase da eterna historia de marxinación desta terra. As obras do AVE amosan claramente que o noso país segue sofrindo unha marxinación continua, xa que mentras noutras partes do Estado teñen a alta velocidade dende o ano 1992, aquí aínda se están replantexando un gran retallo no seu financiamento que fai inviable a chegada da alta velocidade a Ourense, utilizando un trazado e unha vía que non é acorde para o paso do AVE, todo elo cando tamén se especula cun novo retraso no remate das obras.

Levamos así pendentes de promesas, mentres vemos como a rede do interior de camiños de ferro está sendo desmantelada con supresión de servizos, paradas en estación, supresión de viaxes de media distancia, aillando especialmente ás zonas rurais do interior de Galiza, e afectando a moitos pobos e aldeas que xa teñen minguados servizos públicos, e que supoñen unha importante eiva que afecta ao noso desenvolvemento. A ausencia de financiamento para modernizar e manter os servizos de ferrocarril é outro exemplo da marxinación a que estamos condeados polo Goberno de Madrid.

Durante o último ano, cheo de procesos eleitorais, estiveron ocultando os seus plans para retrasar as obras e reducir o orzamento, e encheron a boca de palabrería que prometía o remate inmediato das mesmas nas condicións pactadas nun principio, entre eles a variante exterior. Agora que a cidadanía xa votou e lle deu novamente a maioría ao PP, e como pago a ese apoio e a ese servilismo crónico do pobo galego e especialmente do ouresán, montan un teatro de títeres onde ate parecen reivindicativos os caciques locais cómplices da marxinación que se plantexa agora co AVE.

O recente compromiso do ministro anunciando que mantén o trazado exterior, non deixa de ser unha nova mensaxe propagandística de dificil credibilidade. Si se habilita un trazado provisional, convertirase en definiivo e voltaremos a laiarnos de que non se cumple con Ourense. É polo tanto o momento de esixir respecto e dignidade con esta terra, e os menos indicados para facer esa reivindicación son os responsables das institucións galega e locais. E a voz do pobo ourensán a que se ten que facer ouvir para que se nos teña en conta.

Compartir el artículo

stats