“A porta aberta” chega hoxe, ás 19.30 horas na TVG2, ó seu capítulo 19. Titulado “Sociedade Galega de Historia Natural. Poñendo en valor a natureza”, aborda o traballo que realiza este colectivo a prol da conservación da natureza. Para elo, conta como invitados co seu presidente, Serafín González; un dos seus fundadores, Xan Silvar; Moisés Asensi, socio e autor de estudios sobre a fauna galega, e Laura Iglesias, socia e experta en conservación de aves urbanas.

A Sociedade Galega de Historia Natural creouse en 1973 con obxectivo de dignificar o patrimonio natural e guardar o compromiso dos seres humanos coa natureza e demais especies animais que conviven cos humanos para respetala, conservala e reparar o seu deterioro. Así, Galicia é un espazo natural privilexiado e aínda que goza dunha calidade medioambiental moi satisfactoria, non está exenta de sufrir deterioro.

Un exemplo do traballo do colectivo é o Museo de Historia Natural. Ubicado en Ferrol, é hoxe unha realidade que trascende o territorio galego e que foi impulsado, case exclusivamente, polos seus asociados, tanto desde o punto de vista económico como do traballo.

Ilusión, capacidade de traballo e ganas de contribuír a un planeta en mellores condicións son algunhas das características da Sociedade Galega de Historia Natural que tamén atesora fondos coñecementos do medio natural. Así sabe de bosques galegos, do mar, das cidades e vilas, do voo das aves ou o camiñar das diferentes especies animais, sen esquecer a frondosidade vexetal.

Deste xeito, traballa para coidar a natureza e impulsar o respeto por ela para que volva a ser a protagonista do planeta.