Compañía: La Machina Teatro

Xénero: teatro

Autoría: Susana Isern (texto) e Esther Gili (ilustracións)

Dirección: Julia Ruiz Carazo

Adaptación: Julia Ruiz Carazo e La Machina Teatro

Escenografía: José Helguera

Deseño de son e deseño de iluminación: Víctor Lorenzo

Vestiario: Paula Roca

Música: VV.AA.

Colaboración coreográfica: Alberto Pineda

Asesoramento maxia: Raúl Alegría

Atrezzo e construción de monicreques: Yolanda Novoa e Alberto Sebastián

Elenco artístico: Patricia Cercas e Fernando Madrazo

Olivia, a protagonista desta historia, vive nun pequeno pobo preto do bosque. Olivia ten un segredo, e é que posúe un don especial: pode comunicarse cos animais.

Grazas a este don, un día descobre que o lago está a secar e que os peixes precisan chegar ao mar.

Estes pídenlle que procure plumas para os axudar.

Nese momento, Olivia comeza unha intensa búsqueda para recoller decenas de plumas.

Pídellelas aos pardais, ás cegoñas viaxeiras, á terrible aguia real... Pasado o tempo Olivia consegue moitísimas plumas, pero non sabe que facer con elas.

Unha noite, mentres mira fixamente ao ceo estrelado, o vento leva cada unha das súas plumas para dar vida a unha auténtica maxia: Olivia entenderá o porqué de tantas plumas, desencadeando nun final

sorprendente.