Pola Rúa do Príncipe

Compañía: Zanguango Teatro

Xénero: teatro de rúa

Autoría: Creación Colectiva

Dirección: Miguel Muñoz

Escenografía: Carlos P. Donado

Vestiario: Enriqueta Vega e Fernando Arzuaga

Elenco artístico: Txubio Fernández de Jáuregui, Miguel

Garcés, Laia Cabrera, Bego Krego e persoas locais

Unha alfombra vermella transforma a rúa nun escenario inhabitual que realza todo o que pasa, muda a visión do cotián, confundíndose o real e a ficción, facendo desaparecer os límites entre actor e espectador.

Un tempo para deterse e mirar. E descubrir a marabilla da vida que pasa ao noso arredor que nos fai alleos polo noso ritmo de vida.

Flux é un convite ao xogo e á participación do público, a mirar uns a outros aos ollos, a mirar e ser mirado.

Flux é un acto de amor que empeza co encontro de dúas miradas e que ten a intención de transformar a rúa nun espazo de comunicación e diversión,

unha divertida proposta e invitación ao xogo e á participación do público

Premio ao espectáculo máis orixinal e innovador no Festival

Internacional de Teatro e Artes de Rúa de Valladolid