Proxección de "This Is Not a Burial, It's a Resurrection" (Non é un enterro, é unha resurrección), organizada polo Cineclube Pontevedra.

Lemohang Jeremiah Mosese, Lesotho, 2019, 120 min., VOSE

Lingua orixinal: sesoto

Nas montañas de Lesotho, un país sen saída ao mar, unha viúva de 80 anos que chora a morte do seu fillo pon orde nos seus asuntos, prepara o seu enterro e agarda a morte.

Mais cando a súa aldea se ve ameazada pola construción dunha presa, as ganas de vivir apodéranse dela e é quen de espertar un espírito colectivo de resistencia na súa comunidade. É entón, nos derradeiros intres da vida, cando se forxa a lenda de Mantoa.

Os horarios continúan coma antes do peche: todas as sesións comezarán ás 19:30 h. Dende as 18:30 h. estará aberta a billeteira do Principal para que a adquisición das entradas sexa o máis ordeada e espaciada posible.

O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.