The Lákazans gañadores do Premio Martín Códax da Música 2018 na categoría de jazz, funke, blues, polo seu álbum “Sandwina”. Desde os seus inicios alá polo 2011, esta banda de R&B, soul e xéneros afíns, non pararon de tocar e crear expectación entre o público que os descobre e o que os segue, converténdose nun referente en Galicia.

The Xoubas é unha banda de rocksteady, R&B e soul xamaicano formada en Santiago de Compostela a finais do ano 2015. O denominador común dos seus integrantes é o respeto e gusto polas músicas de raíz.

Concerto pertencente o ciclo ClubE, circuito galego de concertos.