Higiénico Papel Teatro (Xixón, Asturies) presenta a obra "Riquete el del copete", dentro do festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal.

Un príncipe moi feo e moi listo cun "copete" de pelo na cabeza: Riquete el del copete.

Unha princesa moi fea e moi lista. Outra princesa moi guapa e moi tonta. Riquete namorase dunha delas.

Que pasará coa guapa?

Que pasará coa fea?

Unha versión peculiar do conto clásico de Charles Perrault.

Teatro de actor. Comedia

Duración: 55 minutos

Recomendado a partir de 5 anos

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo único de 4,00 € por pase. De non esgotarse as entradas na venda anticipada, a billeteira do Teatro Principal abrirá de 10:00 a 11:00 h. na sesión matinal, e de 16:30 a 17:30 h. na da tarde.

Por favor, achégate ao teatro con antelación (30 min) para evitar aglomeracións e acceder as túas localidades con seguridade. Butacas numeradas.

A 22ª edición do Festival de teatro para toda a familia Domingos do Principal, terá lugar todos os domingos comprendidos entre o 17 de xaneiro e o 21 de marzo, con dobre pase ás 12:00 e 18:30h. no Teatro Principal de Pontevedra.

Os últimos 3 coincidirán coas datas de celebración do Salón do Libro e estarán relacionados coa súa temática: cambio climático, ecoloxismo, Efecto PO2.